Contributor Covenant

Avinza de código de conduta para contribuíntes

O noso compromiso

Nós, como membros, contribuíntes e líderes, comprometémonos a facer da participación na nosa comunidade unha experiencia sen acoso a ninguén, independentemente da idade, tamaño do corpo, discapacidade visible ou invisible, etnia, características sexuais, identidade e expresión de xénero, nivel de experiencia, educación, estado socioeconómico, nacionalidade, aparencia persoal, raza, casta, cor, relixión, ou identidade e orientación sexual.

Comprometémonos a actuar e interactuar en prol dunha comunidade aberta, acollente, diversa, inclusiva e saudábel.

O noso xeito

Exemplos de comportamento que contribúen a un ambiente positivo na nosa comunidade inclúen:

Exemplos de comportamento inaceptábel inclúen:

Responsabilidades de aplicación

As persoas que lideren a comunidade son responsábeis de clarificar e aplicar os nosos estándares de comportamento aceptábel e tomar accións correctivas axeitadas e xustas en resposta a calquera comportamento que consideren desapropiado, ameazante, ofensivo ou prexudicial.

As persoas que lideren a comunidade teñen o dereito e a responsabilidade de eliminar, editar ou rexeitar comentarios, “commits”, código, edicións do wiki, incidencias e outras contribucións que non estean aliñadas con este Código de Conduta e comunicarán os motivos das decisións de moderación cando sexa apropiado.

Ámbito

Este Código de Conduta acada todos os espazos da comunidade e tamén se aplica cando unha persoa está oficialmente a representar á comunidade en espazos públicos. Exemplos de representación da nosa comunidade inclúen o uso dun enderezo de correo electrónico oficial, a publicación a través dunha conta oficial de redes sociais ou actuar como representación nomeada nun evento en liña ou fóra de liña.

Aplicación

As situacións de comportamento abusivo, acoso ou doutros comportamentos inaceptábeis poden ser informadas ás persoas líderes da comunidade responsábeis da aplicación en conduct@ethicalsource.dev. Todas as queixas serán revisadas e investigadas axeitada e xustamente.

Todas as persoas líderes da comunidade están obrigadas a respectar a privacidade e seguridade do informante de calquera incidente.

Directrices de Cumprimento

As persoas líderes da comunidade seguirán estas Directrices de Impacto na Comunidade para determinar as consecuencias de calquera acción que consideren violación deste Código de Conduta:

1. Corrección

Impacto na Comunidade: uso de linguaxe inapropiada ou outro comportamento considerado pouco profesional ou non desexado na comunidade.

Consecuencia: un aviso privado por escrito das persoas líderes da comunidade, proporcionando claridade sobre a natureza da violación e unha explicación do motivo polo que o comportamento foi inaxeitado. Pódese solicitar unha desculpa pública.

2. Advertencia

Impacto na Comunidade: unha violación a través dun único incidente ou serie de accións.

Consecuencia: unha advertencia con consecuencias para un comportamento continuado. Ningunha interacción coas persoas involucradas, incluída a interacción non solicitada coas persoas que aplican o Código de Conduta, por un período especificado de tempo. Isto inclúe evitar interaccións en espazos da comunidade, así como canles externos como redes sociais. Violación destes termos pode levar a unha prohibición temporal ou permanente.

3. Prohibición Temporal

Impacto na Comunidade: unha grave violación dos estándares da comunidade, incluíndo comportamento inapropiado sustentado.

Consecuencia: unha prohibición temporal de calquera tipo de interacción ou comunicación pública coa comunidade por un período especificado de tempo. Ningunha interacción pública ou privada coas persoas involucradas, incluída interacción non solicitada coas persoas que aplican o Código de Conduta, está permitida durante este período. Violación destes termos pode levar a unha prohibición permanente.

4. Prohibición Permanente

Impacto na Comunidade: amosar un padrón de violación dos estándares da comunidade, incluíndo comportamento inapropiado sustentado, acoso a un individuo ou agresión ou desprezo a clases de individuos.

Consecuencia: unha prohibición permanente de calquera tipo de interacción pública dentro da comunidade.

Atribución

Este Código de Conduta é adaptado do Pacto de Colaboradores, versión 2.1, dispoñíbel en https://www.contributor-covenant.org/version/2/1/code_of_conduct.html.

As Directrices de Impacto na Comunidade foron inspiradas na [escada de aplicación do código de conduta de Mozilla][Mozilla CoC].

Para respostas a preguntas comúns sobre este código de conduta, consulte o FAQ en [https://www.contributor-covenant.org/faq][FAQ]. As traducións están dispoñíbeis en [https://www.contributor-covenant.org/translations][traducións].

Other formats:
text/markdown
text/plain
text/asciidoc